Saltar ao contido

Rafaela Hervada Carnerero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafaela Hervada Carnerero
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1917 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 2010 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada Editar o valor en Wikidata

Rafaela Hervada Carnerero, nada na Coruña o 24 de xullo de 1917 e finada na mesma cidade o 26 de febreiro de 2010[1], foi unha avogada e directora de radio galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Francisco Hervada García Sampedro, un home de negocios coruñés que creou en 1934 a emisora Radio Coruña, a primeira da cidade. En 1942 rematou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela[2], sendo a primeira muller que se licenciou en Dereito na Coruña, e unha das primeiras en toda Galicia.

Á morte do seu pai Pancho Hervada en 1964 fíxose cargo da dirección de Radio Coruña, converténdose na primeira directora dunha radio en España.[3] Dirixiu a emisora ata 1989, cando decidiu deixar paso ao seu sobriño Ángel Gómez Hervada.

  1. Consuelo Bautista (27 de febreiro de 2010). "Rafaela Hervada, una vida dedicada a la radio". El País. 
  2. "Carnet de notas". El Correo Gallego. 30 de maio de 1942. 
  3. Isabel Bugallal (1 de maio de 2009). "Rafaela Hervada: "Nunca supe lo que era EAJ41"". La Opinión.